Evacuada en helicóptero da Illa de Ons unha muller embarazada que se puxo de parto

Tras sentir os primeiros síntomas, a muller púxose en contacto cos servizos de urxencia

Illa de Ons. ALBA SOTELO
photo_camera Illa de Ons. ALBA SOTELO

Unha muller, embarazada de oito meses, tivo que ser evacuada en helicóptero durante a mañá deste domingo ao porse de parto cando se atopaba na Illa de Ons.

Segundo informaron fontes da Policía Local a Europa Press, tras sentir os primeiros síntomas do parto, a muller púxose en contacto cos servizos de urxencia, que desprazaron ata a illa ao helicóptero do 061.

Logo de ser levada en helicóptero á localidade de Bueu, foi trasladada ao hospital provincial de Pontevedra, onde deu a luz pouco despois, ao redor das 13,00 horas.

Comentarios