Evacuado en helicóptero o condutor dun tractor accidentado en Forcarei

O suceso produciuse tras o impacto do vehículo contra unha árbore

Tractor accidentado en Forcarei. CEDIDA
photo_camera Ambulancia. EP

Un home que conducía un tractor á altura de Leboso, na parroquia forcaricense de Quintillán, resultou ferido tras impactar o vehículo que guiaba contra unha árbore.

A vítima foi trasladada nun helicóptero con base en Santiago ata o hospital de Montecelo.

O 112 recibiu aviso do 061 Urxencias Sanitarias de Galicia e informou o accidente aos Bombeiros, a Emerxencias A Estrada, aos voluntarios de Protección Civil de Forcarei e á Garda Civil.

Comentarios