Evoluciona favorablemente o neno levado á Uci tras golpearse nunha piscina

O menor levou un forte golpe na cabeza, perdeu o coñecemento e quedou flotando na auga

 

Foto de arquivo dunha piscina. ADP
photo_camera A piscina na que se produciu o accidente. XESÚS Ponche

O neno de tres anos ingresado o venres na Uci do Hula lucense tras sufrir un accidente na piscina do Corgo evolucionaba este sábado favorablemente das súas lesións, segundo fontes sanitarias, e barállase o seu traslado a planta.

O menor, que vive en Lugo, estaba con varios familiares na piscina corguesa cando, ao parecer, xogando nun dos vasos, levou un forte golpe na cabeza, perdeu o coñecemento e quedou flotando na auga.

O contratempo, rexistrado a primeira hora da tarde, xerou escenas de moita tensión, sobre todo cando se lle estaban practicando ás neno manobras de reanimación cardiopulmonar.

Nese momento había moita xente nas instalacións, xa que ademais de celebrarse ese día o acto de inauguración oficial –abriron hai unha semana, o Concello promoveu unha xornada de portas abertas na piscina, con entrada gratuíta.