miércoles. 24.07.2019 |
El tiempo
miércoles. 24.07.2019
El tiempo

O exministro Francisco Caamaño toma posesión como catedrático da Universidade da Coruña

Toma de posesión de Francisco Caamaño como catedrático da Universidade da Coruña. UDC
Toma de posesión de Francisco Caamaño como catedrático da Universidade da Coruña. UDC

O reitor presidiu o acto oficial e enmarcou a súa incorporación "na captación de talento" do centro académico

O reitor da Universidade da Coruña (UDC), Julio Abalde, presidiu este mércores o acto oficial de toma de posesión do exministro de Xustiza e profesor Francisco Caamaño como catedrático desta universidade, en concreto da área de coñecemento de Dereito Constitucional. Ao acto asistiron tamén o secretario xeral da UDC, Carlos Aymerich, e o vicerreitor de Profesorado e Planificación Docente, Alberto Valderruten, entre outros. 

O reitor cualificou como parte da "captación de talento" a incorporación plena á Universidade da Coruña do exministro de Xustiza, que ata o momento estaba como docente en calidade de comisión de servizos, cubrindo unha baixa na Facultade de Dereito. 

O exministro Francisco Caamaño toma posesión como catedrático da...
Comentarios