Explosión sen feridos nun hotel de Sanxenxo

A deflagración produciuse nunha zona de condutos de propano

Explosión en un hotel de Sanxenxo. DP
photo_camera Explosión nun hotel de Sanxenxo. DP

Gran susto en Sanxenxo. Unha explosión preto das piscinas dun hotel saldouse con importantes danos materiais pero, por fortuna, sen feridos. 

A deflagración produciuse este luns na zona traseira das piscinas, onde hai uns condutos de propano. O Hotel Vichona atópase na parroquia de Adina, nas inmediacións da estrada PO-504 que une Sanxenxo e Vilalonga.