O incendio forestal rexistrado no concello de Cualedro (Ourense), na parroquia de Montes, deuse por extinguido ás nove e media desta noite, tal e como informou a Consellería de Medio Rural.
O lume comezou catro minutos logo da pasada medianoite e segundo as últimas estimacións afectou a unha superficie de 42,8 hectáreas de monte raso.
Nas tarefas de apagado estiveron cinco axentes, dezaseis brigadas, oito motobombas e unha pa.