Fallece un anciano tras la picadura de varias avispas velutinas en O Porriño

O niño estaba oculto dentro dun bloque xunto a un galpón da leira ► A vítima pode que fora alérxica

Nido de avispa velutina. DAVID FREIRE
photo_camera Niño de avispa velutina. DAVID FREIRE

Un home faleceu este mércores pola noite no Porriño tras sufrir o ataque de avespas asiáticas mentres traballaba na súa leira, situada na zona de Carracido, informaron a Efe fontes dos bombeiros.

A vítima, E.S.A. de 76 anos, estaba a rozar a súa leira cando sufriu o ataque das avespas e morreu pouco despois.

O niño, pequeno en comparación cos que adoitan facer as avespas velutinas, estaba oculto dentro dun bloque xunto a un galpón da leira, precisan as fontes dos bombeiros, que procederon á súa retirada.

Segundo comentaron os familiares do falecido, podería ser alérxico, o que puido precipitar o seu falecemento.

Cando os bombeiros foron alertados a vítima estaba inconsciente, pero cando chegaron á zona xa falecera.

ANTECEDENTES. En novembro de 2017 morreu no Porriño outro home, de 54 anos, tras ser atacado por un enxame de avespas asiáticas. A autopsia determinou que a vítima faleceu dun choque anafiláctico por unha reacción alérxica tras recibir múltiples picaduras, ao redor dunha vintena.

O pasado febreiro, o Concello do Porriño repartiu entre os veciños da localidade 500 trampas, 300 máis que o ano pasado, e 175 litros de líquido atrayente para loitar contra a avespa asiática.