Dous bañistas falecen en praias de Sanxenxo e A Illa de Arousa

A pesar dos esforzos realizados en ambos os casos para reanimalos, non foi posible salvar a súa vida

Xornada negra nas praias da provincia, con dous bañistas falecidos na comarca do Salnés. Un veciño de Sanxenxo faleceu na tarde deste domingo na praia urbana da Carabuxeira. O home atopábase na auga cando empezou a sentirse indisposto.

A pesar dos esforzos realizados por unha cardióloga e outras dúas persoas que tamén se atopaban no areal, non foi posible reanimalo. Un helicóptero do 061 chegou a realizar unha espectacular aterraxe a pé de praia para realizar o traslado. Con todo, para cando chegaron os sanitarios xa non se puido facer nada pola vida do bañista.

De 67 anos, a vítima era unha persoa moi coñecida porque traballou como conserxe no CEIP A Florida durante 20 anos. De feito, xubilouse recentemente.

A ILLA. Pouco despois, outro home perdía a vida tamén na praia de  Camaxe, na Illa de Arousa. Todo apunta a que sufriu un infarto e, aínda que os socorristas tamén aplicaron as técnicas de reanimación, finalmente faleceu

Comentarios