O alcalde de Baralla, Manuel González Capón, faleceu este luns aos 67 anos de idade, apenas tres días despois de renunciar ao seu cargo por motivos de saúde.
Alcalde desde 1987, González Capón librara nos últimos meses unha batalla contra unha dura enfermidade.
Nas últimas eleccións locais, o PP colleitou unha esmagadora maioría absoluta, con oito dos once edís da corporación. González Capón tomo posesión no pleno de investidura o 15 de xullo pero o pasado venres renunciou noutro pleno no que xa non estivo presente.
Previsiblemente, esta semana vaise a celebrar outro pleno no Concello de Baralla para elixir ao novo alcalde entre os membros do grupo municipal do Partido Popular.
De momento, quedou á fronte do Concello de Baralla no tenente de alcalde, Manuel Rodríguez, aínda que algunhas fontes sinalan que Miguel González, o fillo do alcalde saínte, que nas últimas eleccións locais concorreu como número tres da candidatura do Partido Popular, podería ocupar o seu lugar.