El tiempo
domingo. 02.10.2022
El tiempo

Falece un home nun accidente de moto rexistrado no Saviñao

Lugar del trágico accidente. EP
Lugar do tráxico accidente. EP
A vítima, de orixe romanesa, tiña 39 anos

O condutor dun ciclomotor perdeu a vida na mañá deste luns ao caer do vehículo no que viaxaba no Saviñao

O suceso tivo lugar á altura do quilómetro 0,600 da estrada comarcal que vai de Escairón a Marrube, a apenas un quilómetro de distancia da vivenda da vítima.

O aviso do accidente deuse ao fío das 8:30 horas, cando supostamente a victima levaba varias horas falecida. O corpo do home, de orixe romanesa e de 39 anos de idade, apareceu nunha cuneta xusto á beira da moto cun forte golpe na cabeza.

Lugar do tráxico accidente. EP (2)

Varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para alertar do sucedido, cuxas causas están a investigarse.

Acto seguido, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Urxencias 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil da localidade e dos Bombeiros de Chantada.

Unha vez no lugar do accidente, os servizos sanitarios tan só puideron confirmar o falecemento do home.

Falece un home nun accidente de moto rexistrado no Saviñao