Falece un home ao caer dentro dunha fosa de xurro en Carballo

Un home de 82 anos faleceu no mediodía deste venres en Carballo ao caerse no interior dunha fosa séptica, no interior da súa vivenda, no lugar de Sofán. Segundo informou o servizo de urxencias do 112 Galicia, un particular púxose en contacto co servizo ao redor das 13.00 horas para alertar da caída do home nunha fosa de xurro cuns dous metros de profundidade. 

O 112 transmitiu o aviso ao 061 Urxencias Sanitarias, aos bombeiros de Bergantiños, á Garda Civil e a Protección Civil de Carballo.  Con todo, os servizos sanitarios desprazados ata o lugar xa non puideron facer nada para salvar a vida do home, que faleceu no punto. 

A vivenda estaba suituada en Troián do Medio, na parroquia de Sofán e o falecido é un home de 82 anos e iniciais R.I.F., veciño da localidade, segundo precisou Protección Civil.