Falece un home ao caer nunha zona montañosa en Carballo

Os feitos ocorreron sobre as 16.45 horas

Un home perdeu a vida na tarde deste mércores en Carballo, na Coruña, ao precipitarse por unha zona montañosa próxima ao lugar de Oza da Estrada, informou o 112 Galicia.

Os feitos ocorreron sobre as 16.45 horas, momento no que un particular contactou co servizo de Urxencias para dar conta dunha persoa que caera no monte, concretamente na parroquia de Oza.

Ao lugar do suceso achegouse un helicóptero medicalizado con base en Santiago, pero o equipo médico non puido facer nada por salvarlle a vida ao home.

Tamén se puxo a situación en coñecemento da Policía Local, da Garda Civil e do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.