Falece un home despois de baixar por unha costa en patíns e caer nunha cuneta en Castrelo de Miño

As autoridades policiais e xudiciais deberán aclarar as circunstancias nas que se produciu o suceso
Uns patíns. EP
photo_camera Uns patíns. EP

Un home morreu esta tarde despois de descender por unha costa en patíns e caer nunha cuneta.

De momento, descoñécense se a caída foi a causa do falecemento ou a persoa sentiuse indisposta previamente.

Todo ocorreu ás 12.30 horas deste domingo, na OU-402, ao paso por Castrelo de Miño, tal e como indicaron as persoas que chamaron ao 112 Galicia para pedir axuda urxente para unha persoa tirada na cuneta. Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pero nada puideron facer por salvar a vida do home.

Pola súa parte, as autoridades policiais e xudiciais deberán aclarar as circunstancias nas que se produciu o falecemento. 

Este operativo completouse coa colaboración dos voluntarios de Protección Civil da localidade.