Falece un home tras quedar atrapado ao manipular unha peza de material rochoso 

O accidente sucedeu no Porriño
2020020712273521323
photo_camera Unha ambulancia do 061.AEP

Un home faleceu este martes mentres traballaba no Polígono das Gandaras, situado no termo municipal do Porriño

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, o operario quedou atrapado mentres manipulaba unha peza de material rochoso. 

Tras recibir o aviso, a central de Urxencias solicitou a intervención do 061, Bombeiros de Baixo Miño, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil. 

Comentarios