miércoles. 16.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 16.06.2021
El tiempo

Falece por morte súbita un mozo de 18 anos mentres disputaba un torneo en Brollón

Álex Blanco. MFG
Álex Blanco. MFG

A vítima vivía en Monforte, onde os seus pais son profesores nos Escolapios

Un mozo monfortino de 18 anos faleceu este xoves de madrugada na Pobra do Brollón cando disputaba un torneo de fútbol sala.

Alex Blanco formaba parte do equipo Náufragos que se enfrontaba ao Vichocuntín. Todo apunta a que se trata dun caso de morte súbita.

A noticia causou un profundo pesar en roda a comarca. Os pais da vítima son profesores no colexio Escolapios, onde estudou o mozo, e o seu pai asumiu varios anos a dirección do centro. O torneo, que duraba ata o domingo, quedou suspendido.  "O noso máis sentido pésame aos pais e á irmá, unha forte aperta aos compañeiros", apuntou a organización a través dun comunicado.

Pola súa banda, o CP Calasancio, club de fútbol no que militaba, adicoulle unha emotiva mensaxe ao rapaz, Álex Blanco Regalado, a quen poñen como un exemplo de "honradez, humildade e educación".

Falece por morte súbita un mozo de 18 anos mentres disputaba un...