Falece un motorista de 33 anos nun accidente en Cambre

En Ordes, un camioneiro resultou ferido de consideración nun sinistro na AP-9

Un home de 33 anos, con iniciais M.R.P., faleceu este sábado en Cambre tras un accidente entre un coche e unha moto.

A central de urxencias sanitarias 061 recibiu un aviso sobre as 13:35 horas. Ao lugar enviou unha ambulancia medicalizada e a persoal da PAC de Cambre.

Ademais deste suceso, os equipos de urxencias médicas atenderon a un camioneiro que resultou ferido "de consideración", sen ofrecer de momento máis detalles, na área de servizo de Ordes na a AP-9. O home detívose na área de servizo para cambiar un pneumático e, segundo indica o 112, a roda estalou e feriu o camioneiro.