Falece unha muller de 72 anos nun accidente de tráfico en Pontevedra

O coche, que conducía o marido da vítima, saíuse da estrada e caeu por un terraplén de varios metros de altura

Accidente en Cerponzóns. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Accidente en Cerponzóns. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

Unha muller de 72 anos faleceu este venres nun accidente de tráfico que tivo lugar na estrada N-550 ao seu paso por Pontevedra. 

Segundo informaron o 112 Galicia, o sinistro produciuse ás 13.25 horas no lugar de Tilve, na parroquia pontevedresa de Cerponzóns. 

O coche, que conducía o marido da vítima, saíuse da estrada e caeu por un terraplén de varios metros de altura. 

Ao lugar trasladáronse axentes da Garda Civil de Tráfico e efectivos do 061 que tan só puideron certificar a morte da muller. 

O outro ocupante do vehículo resultou ferido leve.

Comentarios