Falece unha muller tras un incendio na súa casa da Estrada

Atopárona os seus fillos este sábado tras un lume que se produciu probablemente de madrugada

Unha muller de idade avanzada foi achada morta este sábado na súa casa de Ramiráns, no municipio pontevedrés da Estrada. Todo apunta a que a vítima faleceu por mor dun incendio que se produciu na vivenda durante a madrugada.

Foron os seus fillos quen a atoparon nunha habitación ao fío do mediodía. Deron aviso e ata o lugar, na parroquia de Santo André de Vexa, acudiron efectivos de Emerxencias A Estrada, que se atoparon a cociña e algúns mobles calcinados. 

A Garda Civil abriu unha investigación para esclarecer os feitos.