Morre un home de 37 anos tras sufrir un accidente co seu vehículo en Oza-Cesuras

O coche saíuse da vía e, a causa do forte impacto, o condutor quedou atrapado no seu interior

Accidente mortal en Oza-Cesuras. EP
photo_camera Accidente mortal en Oza-Cesuras. EP

Un home de 37 anos perdeu a vida na mañá deste sábado ao sufrir un accidente co vehículo que conducía polo lugar de Bandoza, no concello coruñés de Oza-Cesuras. Segundo informou o 112, o vehículo saíuse da vía e, a causa do forte impacto, o condutor quedou atrapado no seu interior.

O sinistro tivo lugar na DP-3203 sobre as 8.15 horas da mañá.

 A central de urxencias pediu a colaboración dos bombeiros de Betanzos, que liberaron á vítima coa colaboración do GES de Curtis. Ata o lugar desprazouse tamén un equipo do 061, pero nada puido facer por salvar a vida do mozo.