Un operario faleceu na tarde deste mércores no municipio coruñés de Cambre ao precipitarse desde un tellado no que se atopaba traballando. Segundo os datos dos que dispón o 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 19.00 horas no lugar da Barcala.
Ata a zona desprazáronse efectivos de Policía Local, Protección Civil e Garda Civil, así como persoal sanitario do 061 que, con todo, nada puido facer por salvar a vida do home.