Falece un septuaxenario en Fene ao ser atropelado por un turismo

O suceso produciuse na zona das Pías

Un home de 73 anos de idade faleceu en Fene ao ser atropelado por un turismo cuxa condutora deu negativo no control de alcol e drogas, segundo comunicou Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Este servizo de urxencias recibiu unha alerta ás 19.06 horas deste luns e enviou unha ambulancia medicalizada ao lugar do atropelo, a zona das Pías, no acceso ao centro urbano Fene.

O persoal médico atendeu á vítima, un home cuxas iniciais son V.R.F. e que residía no barrio ferrolán de Caranza.

Ao parecer o home intentou cruzar a estrada que serve de comunicación entre a localidade e a veciña cidade de Ferrol co fin de aproximarse ao seu vehículo, que estaba aparcado nese mesmo lugar, cando foi arroiado polo turismo, cuxa condutora non puido evitar o atropelo.