Falece un septuaxenario tras sufrir un accidente de tractor no Saviñao

O home, de 75 anos de idade, circulaba cun vehículo sen cabina por un camiño en dirección a unha leira

Lugar do accidente no Saviñao. TOÑO PARGA
photo_camera Lugar do accidente no Saviñao. TOÑO PARGA

Un veciño de Ousende, no Saviñao, perdeu a vida á primeira hora deste venres pola tarde nun accidente de tractor. O home, de 75 anos de idade, circulaba cun vehículo sen cabina por un camiño en dirección a unha leira para arala cando por causas que se descoñecen perdeu o control do tractor, que envorcou e atrapouno debaixo.

Á zona desprazáronse os bombeiros, o 061, un helicóptero e axentes da Garda Civil pero non puideron facer nada por salvarlle a vida ao condutor.

F.O.S viviu toda a súa vida en Barcelona e tras a xubilación desprazouse ao Saviñao, de onde é natural a súa esposa.