Falece un sesaxenario afogado na parroquia ourensá de San Fiz de Baños

O home foi atopado no río

Un sesaxenario perdeu este luns a vida na parroquia ourensá de San Fiz de Baños. O home foi atopado afogado no río localizado entre A Veiga e Baños ao redor das 18,00 horas.

Foron os propios servizos sanitarios de urxencias os que alertaron ao 112 Galicia do ocorrido, indicando a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense para socorrer a unha persoa afogada.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) informaron aos Bombeiros e ao GES de Valdeorras, á Garda Civil e tamén aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Desafortunadamente, a pesar dos esforzos dos servizos de urxencia, nada puideron facer por salvarlle a vida ao home.