Falece un surfeiro nunha praia de Porto do Son

Morreu na praia do Dique, a pesar dos esforzos dos efectivos de urxencia para reanimalo

Praia do Dique de Porto do Son. GOOGLE
photo_camera Praia do Dique de Porto do Son. GOOGLE

Un surfeiro faleceu este sábado na praia do Dique, en Porto do Son, segundo informou o servizo 112 Galicia. Ademais dos servizos sanitarios de urxencia tamén foron avisados Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia, Garda Civil, Policía Local e Protección Civil. 

A pesar dos esforzos para reanimar o surfeiro nada puideron facer para salvar a súa vida.