Falece un veciño de Cambados de 84 anos ao envorcar co seu tractor e quedar atrapado

Tractor accidentado en Cambados.@Pc_Cambados
photo_camera Tractor accidentado.@Pc_Cambados

Un veciño de Cambados de 84 anos de idade, con iniciais A.F.P., perdeu a vida este martes pola tarde no municipio pontevedrés, en concreto nunha zona cerca do punente de Castrelo, ao envorcar o tractor que manexaba e quedar atrapado baixo el. Ao parecer, segundo informaron fontes de Emerxencias 112, o vehículo agrícola tería envorcado cando circulaba por unha pista de terra.

Unha vez alertouse do suceso, ata o lugar dos feitos desprazáronse efectivos de Urxencias Médicas 061, pero nada puideron facer por salvar a súa vida. Ademais, colaboraron Protección Civil, Policía Local, Garda Civi e os bombeiros do Salnés, que tiveron que usar un guindastre para o rescate.

Comentarios