Falece o xefe da unidade de elite da Garda Civil vítima do coronavirus

Jesús Gayoso, de 48 anos, era da Coruña e tiña raíces chairegas
Un axente da GAR, a unidade que dirixía Jesús Gayoso. EFE
photo_camera Un axente da GAR, a unidade que dirixía Jesús Gayoso. EFE

EUIdJpDWoAAxclHO tenente coronel do Grupo de Acción Rápida (GAR) da Garda Civil Jesús Gayoso (na imaxe da dereita) faleceu este venres no Hospital San Pedro de Logroño, onde estaba ingresado por coronavirus. Gayoso, de 48 anos, casado e con dous fillos, era da Coruña e contaba con raíces en Begonte.

Fontes do GAR confirmaron o falecemento de Gayoso, quen desde hai varios días estaba ingresado na Unidade de Coidados Intensivos (UCI). é o cuarto axente da Garda Civil que falece a causa do coronavirus.

O GAR é unha unidade de elite da Garda Civil con sede en Logroño. O fin de semana do 7 e o 8 de marzo despregouse en Haro, na Rioxa, para confinar a un grupo de veciños e conter un brote de coronavirus. As citadas fontes sinalaron cando transcendeu o seu ingreso na UCI que o xefe do GAR non estivo fisicamente nesta localidade durante aquel despregamento. 

Os axentes portaron en Haro traxes especiais para protexerse do contaxio, unha indumentaria que causou sorpresa por ser ata entón inhabitual o seu uso, aínda que xa si se utilizou no resto de España, tanto por membros de forzas de seguridade como de persoal sanitario.

Este venres faleceu o primeiro axente dos Mossos d'Esquadra por culpa do coronavirus,

Especúlase que Gayoso púidose contaxiar ao ter contacto con algún dos gardas que si acudiron ao lugar dos feitos.

Segundo datos do Ministerio do Interior deste xoves, 239 gardas civís están contaxiados por Covid-19 do total de 792 axentes do conxunto das forzas e corpos de seguridade, incluíndo policías autonómicas e locais. 248 son policías nacionais e 243 membros de policías locais.

Este venres tamén faleceu o primeiro axente dos Mossos d'Esquadra, un corpo que contabilizaba ata onte 24 casos positivos, cifra similar ao da Ertzaintza, de acordo aos datos centralizados polo Ministerio do Interior.

Comentarios