miércoles. 21.04.2021 |
El tiempo
miércoles. 21.04.2021
El tiempo

Sete falecementos elevan a 815 as vítimas mortais do covid-19 en Galicia

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). EP
Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). EP
Cinco dos mortos notificados o venres proceden de residencias de Ourense 

Sanidade notificou este venres sete falecementos de pacientes diagnosticados con coronavirus, todos eles con patoloxías previas. Trátase de tres homes de 92, 84 e 97 anos que estaban ingresados no Hospital de Verín, unha muller de 87 anos que estaba no Chuvi, e dous homes de 77 e 92 anos e unha muller de 90 anos que permanecían ingresados no Chuo. 

Cinco deles procedían de residencias: os homes de 92 e 84 anos da Val de Monterrei e os dous homes de 77 e 92 anos e a muller de 90, da de Os Gozos de Pereiro de Aguiar.

Coas sete mortes notificadas este venres, o número de vítimas que se cobrou o covid-19 desde o inicio da pandemia elévase a 815 en Galicia. O mércores contabilizáronse seis decesos e o xoves, cinco. 

Ademais, a cifra total desde o comezo da nova normalidade ascende a 196 en Galicia. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto. Antes diso, a comunidade galega encadeara case dous meses –desde o 10 de xuño– sen decesos relacionados co coronavirus. 

Sete falecementos elevan a 815 as vítimas mortais do covid-19 en...