O falecido en Poio cando ía en patinete morreu debido a causas naturais

A autopsia confirma que non sufriu un accidente co vehículo
Efectivos da Policía Local en Campelo, no lugar onde faleceu un mozo este domingo. DAVID FREIRE
photo_camera Efectivos da Policía Local en Campelo, lugar no que faleceu o mozo este domingo. DAVID FREIRE

David Castro Carballa morreu por causas naturais e non debido a un accidente co patinete eléctrico no que paseaba o pasado domingo en Campelo, no municipio pontevedrés de Poio. Os resultados da autopsia confirman así que o fatal suceso non está relacionado co vehículo de mobilidade persoal, senón cunha indisposición que sufriu repentinamente o mozo, de 31 anos, e que sufría problemas de corazón. 

Foi un veciño quen alertou ao 112 ao ver a David Castro tendido no chan. Estaba á beira do patinete eléctrico, no que ía en dirección ao porto de Campelo e tiña un golpe na cabeza. Non levaba casco. 

Ao lugar desprazouse unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Policía Local e a Garda Civil, aínda que o proceso de reanimación iniciado polos médicos do 061 non deu resultado e non puideron máis que confirmar o falecemento. 

A Policía Local iniciou as dilixencias coma se se tratase dun accidente de tráfico, ao entender que o mozo circulaba no vehículo eléctrico no momento dos feitos. Tamén descartara que a vía na que ocorreu o suceso estivese en mal estado.

Comentarios