Un falecido en Vilanova de Arousa, a quinta vítima mortal nas praias galegas en catro días

O home atopábase na auga cando se empezou a sentir indisposto ► O suceso ocorreu na praia do Terrón

Praia de O Terrón. XUNTA DE GALICIA
photo_camera Praia do Terrón. XUNTA DE GALICIA

Un home falecía este martes pola tarde na praia do Terrón, en Vilanova de Arousa. A vítima atopábase na auga e todo apunta a que se puido tratar dun ataque ao corazón, segundo recolle a TVG.

Con esta, xa son cinco as persoas que morreron por unha indisposición cando se bañaban na praia; como o home que perdía a vida tamén este martes nun areal de Rianxo e os outros tres afogamentos ocorridos durante esta fin de semana na Illa de Arousa, Sanxenxo e Barreiros.

No que levamos de ano, xa son 34 as vítimas mortais nestas circunstancias