Un novo falecido vinculado co brote rexistrado na residencia de maiores do Incio, en Lugo, eleva o total de vítimas da Covid-19 en Galicia a 664.
Segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade, trátase dun home duns 90 anos, que estaba ingresado no Hula e que presentaba patoloxías previas.
Este mesmo martes tívose coñecemento doutra morte vinculada con residencias, nesta ocasión en Orpea Coruña, en Culleredo, en concreto unha muller de 80 anos.