Dous falecidos e catro feridos graves nun choque entre dous turismos en Outes

As vítimas mortais son un matrimonio e os feridos, unha parella e dous fillos menores

Dúas persoas perderon a vida e outras catro resultaron feridas de gravidade nunha colisión entre dous turismos rexistrada este domingo na estrada AC-400 en Outes, segundo informa o 112. O sinistro rexistrouse ao redor das nove da noite nunha vía que comunica As Paxareiras e Piñeiro do Val, que tivo que ser cortada ao tráfico

Atendendo á información da TVG, os falecidos no sinistro, por unha colisión frontal, son un matrimonio duns 60 anos. Os catro feridos son membros dunha mesma familia: unha parella e dous fillos menores de idade.

O sinistro levou a mobilizar un helicóptero medicalizado do 061, os Bombeiros de Xallas, Garda Civil, GES de Muros e Protección Civil de Outes e Mazaricos.