Falece unha muller de 51 anos nun accidente en Carballo

As dúas persoas que viaxaban no outro vehículo implicado resultaron ilesas

Unha muller de 51 anos de idade perdeu a vida na mañá deste xoves logo de chocar o seu turismo contra outro vehículo, cando circulaba pola estrada de Razo a Arnados, no concello coruñés de Carballo. 

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, a vítima viaxaba soa nun dos vehículos implicados, mentres que no outro turismo ían dúas persoas que resultaron ilesas. 

O impacto produciuse ao redor das 11,00 horas da mañá, nunha zona próxima á Panadería de Razo, onde dirixíronse os Bombeiros de Carballo, voluntarios de Protección Civil e axentes da Garda Civil de Tráfico tras a alerta do 112 Galicia. 

Pola súa banda, o 061-Urxencias Sanitarias mobilizou a dúas ambulancias asistenciais e a un médico de atención primaria, que confirmou o falecemento da muller de 51 anos, de iniciais M.J.F.V., no lugar do sinistro.

COLISIÓN NA CoruÑA. Por outra banda, o 112 Galicia rexistrou ás 9.30 horas deste xoves, outro accidente no que tamén se viu implicada unha muller, que resultou ferida por mor dunha colisión entre dous turismos na AC-14, á altura do polígono da Grela. 

Varias persoas alertaron ao persoal do 112 Galicia do accidente, ante os danos sufridos nun dos vehículos implicados e debido á posibilidade de que a muller estivese, tamén, atrapada no interior do coche. 

Ante isto, desde o Centro Integrado de Atención ás Urxencias de Galicia avisouse aos Bombeiros da Coruña, aínda que, finalmente, descartouse intervir en canto comprobouse que a condutora estaba liberada e accesible.

Comentarios