Unha muller, veciña das Pontes, faleceu este mércores en Cabana ao caerlle encima a rama dunha árbore no Paseo da Magdalena.
A pesar dos esforzos dos efectivos sanitarios, non puideron facer nada por salvar a súa vida, segundo o 112. As forzas da orde investigan o sucedido.
#AXEGAInforma do falecemento dunha muller ao ser golpeada pola rama dunha árbore no paseo da Magdalena, en Cabanas. Pese aos esforzos, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida. As forzas da orden tratan de recadar toda a información ao redor do suceso. pic.twitter.com/7TuU0GuJpZ
— 112Galicia (@112Galicia) August 7, 2019