Feijóo considera desacertadas as declaracións do alcalde de Vilanova

O líder do PPdeG considera que "todos" están dacordo neste punto

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante la rueda de prensa de este jueves. LAVANDEIRA JR (EFE)
photo_camera O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. LAVANDEIRA JR (EFE)

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegurou este mércores que as declaracións do alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, (PP) sobre a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, "non son acertadas", algo no que "todos" están de acordo. 

Núñez Feijóo opinou deste xeito tras o Consello da Xunta preguntado por se consideraba que o alcalde da Vilanova debería dimitir por dicir que Silva era a "chacha para todo" do "ancián" Abel Caballero. 

"Tras todo o que estamos a escoitar, onte mesmo (polo martes) na Cámara, todo o que tiven que escoitar, auténticas barbaridades, non creo que ninguén estea en condicións de esixir e nin de dar leccións sobre nada", asegurou Núñez Feijóo. 

"E moito menos –continuou– tampouco desde un municipio, o máis bronco de Galicia, onde a descualificación e a falta de respecto é o modo de actuar continuamente; sobre todo, e dunha forma moi especial, coa portavoz da oposición", dixo sen citalos expresamente en alusión ao Concello de Vigo e a Elena Muñoz, portavoz do PP nesa cidade.

Deste xeito, insistiu en que "con independencia do partido e das persoas que formulen este tipo de consideracións, o que hai que ter é máis respecto, máis moderación, menos críticas e menos disputas partidistas".

Comentarios