Feijóo xa baralla optar de novo á Xunta: "Seguirei como mínimo ata 2020"

"Eu non teño máis axenda que Galicia, esa é (a miña axenda) onte e hoxe", di á oposición durante a sesión de control

Núñez Feijóo acompañado del Presidente de la Diputacion de Lugo, durante la inauguración de las XII Xornadas Xurídicas Román García Varela. ELISEO TRIGO (EFE)
photo_camera Núñez Feijóo acompañado do Presidente da Diputacion de Lugo, durante a inauguración das XII Xornadas Xurídicas Román García Varela. ELISEO TRIGO (EFE)

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu este mércores a súa decisión de continuar como dirixente autonómico e non optar a liderar o PP, e asegurou que continuará á fronte do Goberno galego "como mínimo" ata 2020, deixando así a porta aberta a volver concorrer a outro proceso electoral unha vez finalizada a lexislatura actual.

Así respondeu, Núñez Feijóo aos líderes da oposición nunha sesión de control no Parlamento galego que estivo marcada pola decisión do presidente da Xunta de permanecer en Galicia e non optar a suceder a Mariano Rajoy na Presidencia do Partido Popular, decisión que desvelou o pasado luns logo de semanas de incerteza.

Na súa intervención, o máximo mandatario autonómico remarcou que "Galicia non está subordinada a ningunha axenda" e "moito menos", dixo, á súa propia.

"Eu non teño máis axenda que Galicia, esa é (a miña axenda) onte e hoxe", o que ademais supón "unha honra" polo que non a cambia "por ningunha outra".

A este fío, recordoulle ao portavoz socialista na Cámara, Xoaquín Fernández Leiceaga, que ambos estarán no Parlamento "ata 2020 como mínimo", aínda que na súa opinión o deputado do PSdeG debería estar "moito máis tempo" porque é un é un "activo do partido".

Comentarios