martes. 19.01.2021 |
El tiempo
martes. 19.01.2021
El tiempo

Feijóo descarta o salto á política estatal: "O tren pasou" 

Alberto Nuñez Feijoo. ARQUIVO
Alberto Nuñez Feijoo. ARQUIVO
O presidente galego asegura que, logo de 12 anos na Xunta, é "máis militante de Galicia que do PP" 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recoñeceu este martes que barallou dar o salto á política estatal en 2018, aínda que descarta retomar esa vía. "O tren pasou e cando un non o colle non pode pretender que o tren volva cara atrás", dixo o popular, que aspira a un cuarto mandato á fronte do Goberno autonómico

Nunha entrevista en Telecinco, recollida por Europa Press, o líder do PP galego asegurou que esa é a súa "achega" e que para iso van traballar. "É o meu obxectivo único e case obsesivo", dixo sobre a súa candidatura.

O 18 de xuño de 2018, rodeado dos baróns provinciais e cargos institucionais, un emocionado Feijóo anunciou que non optaría a liderar o partido tras a marcha de Mariano Rajoy. Entón, o presidente galego asegurou que reflexionara" acerca de presentar a súa candidatura para liderar ao PP. 

Ano e medio despois, o dirixente insiste no seu compromiso con Galicia, que asegura que vai máis aló das siglas. "Logo de 12 anos como presidente da Xunta, son máis militante de Galicia que do Partido Popular", dixo este martes. Neste contexto, Feijóo sinalou que "cando un foi presidente dun Goberno autonómico e se presenta por cuarta vez o lóxico é que sexa o candidato para gobernar e non dun partido". 

"É unha frase que sinto, que practiquei e que en Galicia non causou ningunha sorpresa. No PP de Galicia sabemos que primeiro Galicia e despois o partido, e os galegos así o interpretaron sempre", argumentou.

Feijóo descarta o salto á política estatal: "O tren pasou" 
comentarios