Feijóo, a graduados: "Todos temos dúbidas e medo a escoller" 

"Non vos pensedes que os que xa cumprimos 50 anos non temos dúbidas e desesperanzas", dixo o presidente da Xunta, no foco de todas as miradas pola súa posible marcha a Madrid para liderar o PP

 

Feijóo en el acto de graduación. EP
photo_camera Feijóo en el acto de graduación. EP

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, instou este venres os estudantes recentemente graduados de Turismo e Administración e Dirección de Empresas (ADE) do Campus de Ourense a que confíen nas súas posibilidades. "Todos temos dúbidas e medo a escoller", afirmou o líder do PPdeG, no foco de todas as miradas pola súa posible marcha a Madrid se opta a suceder a Mariano Rajoy ao fronte do partido.

"Non vos pensedes que os que xa cumprimos 50 anos non temos dúbidas e desesperanzas. Todo o mundo ten dúbidas e medo a escoller. Tede confianza nas vosas posibilidades e na vosa formación", apuntou Feijóo no acto celebrado no Auditorio de Ourense. 

"A todos pasounos: ter incerteza ao acabar. Os que acabamos a carreira na década dos 80 pódovos asegurar que os momentos de incerteza eran moi superiores. En moitos momentos da vida, hai cruces de camiños e hai que elixir cara a onde ir", abundou Feijóo. 

"O que sabe que se debe facer en cada momento normalmente equivócase; o que dubida é porque pensa e sabe que hai distintas alternativas. Non teñan problema por dubidar, a dúbida é a expresión máis clara da formación previa. Todos dubidamos, eu tamén", insistiu. 

Todo iso, a piques de abrirse o debate sucesorio no Partido Popular, que o vindeiro luns convocará un Congreso Extraordinario para elixir á persona que substitúa a Mariano Rajoy. Un proceso no que as 'quinielas' políticas sitúan a Feijóo como un dos líderes mellor situados para dirixir o partido. 

Comentarios