Feijóo e o PPdeG felicitan o Nadal e o Aninovo 2019 cun vídeo "a proba de 'haters'" 

Os populares len e reaccionan a comentarios e insultos que lles propinan varios usuarios de Internet

Imagen de Feijóo en el vídeo difundido en redes. TWITTER
photo_camera Imaxe de Feijóo no vídeo difundido en redes. TWITTER

O presidente do PPdeG e da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e os candidatos populares ás alcaldías das sete cidades galegas son os protagonistas dun vídeo "a proba de haters" que colgou o partido nas súas redes sociais para felicitar o Nadal e o Aninovo 2019. 
No vídeo, os populares len e reaccionan a comentarios e insultos que lles propinan varios usuarios de Internet. En concreto, ao líder do PP galego chéganlle a dicir: "A Núñez Feijóo lle clarea a coronilla, dígoo por se sodes galegos e ídeslle a votar por ter un pelazo". 

"Vexo que vos fixastes moito, si si. Que lle imos a facer", responde o titular do Goberno autonómico entre risas. Ademais, outro usuario lle suxire: "E fala galego dunha (...) vez, que es presidente da Galiza". 

Tamén aparece a candidata do PP á Alcaldía de Vigo, Elena Muñoz, a quen chaman "amargada" e lle piden que os peperos "se vaian a tomar un pouquiño (...)". "Pois non nos imos a ir a ningún sitio, teño unha mala noticia", responde a popular. 

Ó cabeza de lista en Pontevedra, Rafa Domínguez, aféanlle que "antes era don Rafael Domínguez, pero agora ao estar en política e para facerse máis próximo é Rafa". Así, este responde: "Era Rafa antes e son Rafa agora". 

Este vídeo en clave humorística lanzado polo propio partido nas redes sociais péchase con palabras de Feijóo: "Aínda que algunhas veces non o parece, é moito máis o que nos une que o que nos separa. Por iso, bo nadal e próspero 2019". 

Comentarios