Feijóo propón poder facer deporte e reabrir os mercados ao aire libre

O presidente da Xunta asegura que estas propostas contan con respaldo "clínico"
Proc/JFIF/EFE-Calidad:Excelente
photo_camera Alberto Nüñez Feijóo. EFE

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou este venres que na Conferencia de Presidentes do domingo proporá que se permita saír aos cidadáns "como mínimo unha hora" para facer exercicio de modo individual, e estudar aperturas comerciais controladas. 

Nunha conferencia de prensa telemática ao termo da reunión semanal do Goberno galego, Núñez Feijóo indicou que estas propostas contan "con respaldo clínico" e son "razoables". 

Na súa intervención dixo que outras propostas pasan por retomar as obras de rehabilitación en edificios e permitir a venda de produtos agrícolas en mercados ao aire libre. 

Núñez Feijóo asegurou que a proposta galega tamén inclúe reabrir os talleres de reparación de vehículos e os concesionarios de venda de coches, e mostrouse partidario de estudar "a apertura de comercio con garantías e seguridade, con limitacións de aforamento e, incluso, con cita previa".

Comentarios