sábado. 17.04.2021 |
El tiempo
sábado. 17.04.2021
El tiempo

Feijóo 'reconquista' Galicia e o BNG regresa ao Congreso

Ana Pontón y Alberto Núñez Feijóo. EP
Ana Pontón e Alberto Núñez Feijóo. EP
PPdeG e PSOE empatan a 10 escanos, pero os populares gañan pola mínima na porcentaxe

O PP reconquista a condición de forza máis votada en Galicia nas eleccións xerais deste domingo, pero empata a 10 escanos co PSOE, partido ao que saca unha escasa vantaxe de algo menos dun punto.  

En clave autonómica, Feijóo sae deste xeito do 10-N reforzado de cara ás eleccións autonómicas. Tras ceder en abril o primeiro posto nos comicios, os populares recuperan a primeira praza, unha barreira psicolóxica que conquistaron de cara á que previsiblemente será a seguinte cita electoral.

Pola súa banda, o BNG logra volver ao Congreso cun deputado, mentres que En Común-Unidas Podemos retén as dúas prazas ás que retrocedera o 28 de abril. Pola súa banda, Ciudadanos perde as dúas actas que obtivera. 

Nesta ocasión, o PSOE só logra ser a primeira forza política na provincia de Pontevedra, mentres Lugo, A Coruña e Ourense quedan baixo o control popular.Galicia

Feijóo 'reconquista' Galicia e o BNG regresa ao Congreso
comentarios