Feijóo destaca en Montevideo o relevo de Galicia en sectores coma o enerxético

O presidente da Xunta reuniuse co presidente electo de Uruguai, Luis Lacalle Pou, e mantivo tamén un encontro co presidente saínte, Tabaré Vázquez
Feijóo y Lacalle, en Montevideo. FEDERICO ANFITTI (EFE)
photo_camera Alberto Núñez Feijóo e Luis Lacalle Pou. EFE

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivo este venres unha reunión co presidente electo de Uruguai, Luís Lacalle Pou, ante quen destacou a bagaxe das empresas galegas en sectores chave para o país, como as enerxías renovables e as infraestruturas. 

Durante o encontro e Montevideo, Núñez Feijóo abordou as "frutíferas relacións" entre Galicia e Uruguai e constatou a continuación da boa relación entre este país e Galicia de cara ao futuro, unha cuestión de importancia para a Xunta dadas as 40.000 persoas de orixe galega que viven no país.

Neste marco de colaboración, o presidente galego destacou que ambos os territorios están xa colaborando en sectores como o enerxético, no que o país latinoamericano está a facer "unha forte aposta" polas renovables, especialmente no campo da eólica, a fotovoltaica e a biomasa. 

Do mesmo xeito, falaron do sector das infraestruturas, unha colaboración que se canaliza a través do plan de investimentos presentado polo presidente saínte, Tabaré Vázquez, en 2016 en Santiago de Compostela. 

Sobre este punto, falaron especialmente das estradas, xa que o investimento anunciado polo Goberno uruguaio en 2018 pode xerar necesidades de importación de maquinaria e equipos de construción; e do sector ferroviario, que está a vivir un relanzamento tras os investimentos do Goberno. 

Outro dos sectores avaliados no encontro foi o do TIC, para o cal o Goberno de Uruguai outorga vantaxes fiscais ás empresas que desenvolvan cadeas de valor TIC; así como o de subministración de bens de equipo tradicionais.

Exportacións

O responsable do Executivo autonómico destacou que as exportacións de Galicia a este país latinoamericano ascenderon a preto de 21 millóns de euros e aumentaron case un 2%, unha cifra que pon de manifesto o interese das empresas galegas polo mercado uruguaio. 

En concreto, son as exportacións do sector da automoción as que se consolidaron como o principal produto exportado nos últimos anos, seguidas de máquinas e aparellos mecánicos, mercadorías fornecidas a buques, peixes e moluscos, pezas de vestir e conservas

De forma paralela, Feijóo e Lacalle abordaron tamén as oportunidades de investimento na Comunidade. Así, lembraron que as exportacións de Uruguai a España ascenderon a 103 millóns de euros en 2018, mentres que as importacións aumentaron até os 158 millóns. 

Despois de subliñar que Galicia conta cunha normativa que favorece o investimento nacional, pero tamén a internacional, cunha Lei de implantación empresarial que ofrece facilidades para acceder a chan empresarial e vantaxes administrativas e fiscais, o presidente galego incidiu noutras potencialidades entre os dous territorios en sectores como o agroalimentario; o farmacéutico; o forestal, que representa o 4% do PIB de Uruguai; e o naval, un sector no que xa existen "importantes precedentes de colaboración". 

"Constatamos que en todos estes sectores existe unha gran oferta de calidade de empresas galegas", dixo o presidente galego, referíndose tamén á colaboración entre a Asociación de Empresarios Galegos en Uruguai e a Confederación de empresarios de Galicia e de Pontevedra, a Universidade de Santiago de Compostela e Abanca.

Invitación a participar no Xacobeo

Por último, Feijóo aproveitou o encontro para convidar o presidente e a todo o país a visitar Galicia e gozar do Xacobeo 2021, "do mellor Xacobeo da mellor Galicia", un ofrecemento que foi aceptado por Lacalle, quen se comprometeu a visitar a Comunidade durante o Ano Santo

Por outra banda, o responsable do Goberno galego mantivo tamén este venres un encontro co presidente saínte do país, Tabaré Vázquez, a quen agradeceu a súa cordialidade nos encontros mantidos entre ambos, tanto en Uruguai como en Galicia; así como a súa "sensibilidade" coa diáspora galega.

Comentarios