Ferida unha persoa con queimaduras en Lalín ao explotar unha pota a presión

O suceso tivo lugar no lugar de Rodelas, en Maceira, pouco logo das tres da tarde
Oficinas do 112 en Santiago
photo_camera Oficinas do 112 en Santiago. DP

Unha persoa resultou ferida con queimaduras de consideración en Lalín ao explotar unha pota a presión nunha vivenda do lugar de Rodelas, en strong <>Maceira, no citado concello pontevedrés. 

O 112 Galicia tivo constancia do suceso pasados uns minutos das tres e media da tarde deste sábado, a través da chamada dun particular que aseguraba que a persoa presentaba queimaduras importantes. 

De inmediato, desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que confirmaron que se tratou da explosión dunha pota a presión. 

Ademais dos servizos sanitarios foron informados os axentes da Garda Civil, Policía Local e os membros do GES e de Protección Civil da localidade. 

Comentarios