Ferida unha persoa en Baiona ao saírse da vía e envorcar co seu vehículo

O accidente tivo lugar ao redor das 20.45 horas deste martes

Unha persoa resultou ferida na tarde deste martes en Baiona ao saírse da vía o vehículo no que viaxaba e quedar envorcado nas proximidades da saída da autoestrada. A consecuencia do accidente, o ferido tivo que ser evacuado ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Unha persoa particular deu o aviso ao 112 Galicia para pedir axuda ao fío das 20.45 horas, indicando que a persoa ferida atopábase atrapada no interior do vehículo. Deste xeito, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos Bombeiros do Porriño e Vigo, dos servizos sanitarios, dos axentes de Tráfico e Policía Local, aos membros do GES de Val Miñor.

Así pois, unha vez liberada a persoa foi atendida no mesmo lugar polos profesionais sanitarios e trasladada ao centro hospitalario.