Ferido un bombeiro en Vigo ao que caeu enriba unha árbore que estaba a podar

Un bombeiro foi evacuado na madrugada deste xoves polos servizos sanitarios en Vigo logo de sufrir un accidente mentres cortaba unha árbore, que lle caeu enriba, no lugar de Fragoselo. Atendendo á información do 112 Galicia, o equipo médico que acudiu ata o lugar dos feitos indicou que sufriu "lesións de diversa consideración". 

Sobre as 6.00 horas, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 avisou ao 112 do incidente. Recibida a alerta, a central de urxencias informou do ocorrido á Policía Nacional e Local. O 061 enviou ao lugar unha ambulancia de soporte vital básico que levou ao centro Fremap ao bombeiro ferido, J.L.C.G., de 58 anos.

Segundo informa a TVG, o bombeiro estaba a podar unha árbore que se atopaba en aparente mal estado para previr accidentes. 

Comentarios