Unha persoa ferida tras unha colisión entre dous vehículos na A-52 en Ponteareas

O 061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial que levou á afectada ao Hospital Álvaro Cunqueiro
Ambulancia do 061. ARQUIVO
photo_camera Ambulancia do 061. TOÑO PARGA (ARQUIVO)

A colisión de dous vehículos rexistrada na mañá deste mércores na autovía A-52 ao seu paso polo municipio de Ponteareas saldouse cunha persoa trasladada

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, o sinistro tivo lugar sobre as 8,50 horas deste mércores no quilómetro 291 da A-52 dirección Benavente

Foi un dos implicados no sinistro o que alertou ao 112 da colisión de dous vehículos, tras o que foron mobilizados o 061, GES-Bombeiros de Ponteareas, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil da localidade. 

O 061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial que levou a unha persoa ao Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) en Vigo, confirmaron fontes sanitarias.