Ferido grave un operario ao engancharse cun torno nunha nave industrial de Tui

Una calle del polígono de Areas, en Tui. GOOGLEMAPS
photo_camera Unha rúa do polígono de Areas, en Tui. GOOGLEMAPS

Un operario resultou ferido grave na tarde deste luns ao engancharse cun torno nunha nave industrial do municipio pontevedrés de Tui. Segundo a información da central do 112, o sinistro ocorreu pasadas as 14.00 horas nunha nave industrial do Polígono de Areas, en Tui, cando o operario quedou enganchado no torno que manexaba. 

Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros do Porriño, da Policía Local, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui, asi como persoal sanitario do 061, que trasladou ao ferido.