Ferido grave un operario en Muros ao caerse desde unha altura de tres metros

Os feitos tiveron lugar nunha gasolineira da localidade coruñesa
Oficinas do 112 en Santiago
photo_camera Oficinas do 112 en Santiago

Un operario resultou ferido de consideración esta tarde logo de caerse dunha altura duns tres metros nunha gasolineira no Polígono Industrial de Muros, informou o 112 Galicia.

Os feitos ocorreron ás 16.00 horas, cando os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizaron un helicóptero medicalizadou ata unha zona próxima ao lugar dos feitos.

Así, os servizos sanitarios trasladaron ao operario ferido ao centro hospitalario de referencia e solicitaron a intervención dos axentes da Garda Civil e dos efectivos do GES de Muros.

Comentarios