Un viandante que camiñaba por unha beirarrúa resultou ferido na mañá deste xoves tras caerlle encima un anaco de cornixa na cidade de Vigo. Segundo informou o 112 Galicia, o incidente ocorreu sobre as 7.00 horas na rúa Ecuador.
A persoa que chamou para solicitar asistencia médica ao centro de atención de urxencias informou de que o mozo, de iniciais F.S.A. e 27 anos, circulaba pola beirarrúa cando caeu a porción de cornixa. As feridas provocadas polo impacto motivaron o seu traslado ao Hospital Álvaro Cunqueiro nunha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Por parte do 112 Galicia tamén se informou aos axentes da Policía Local e aos bombeiros da cidade.