Dous feridos nunha colisión frontal en Padrón

Un camión ardeu na AP-9 á altura da localidade coruñesa

Dúas persoas resultaron feridas nunha colisión frontal en Padrón, na saída da AP-9 á altura da bifurcación da AG-11 en dirección a Ribeira, informa Urxencias 112.

O accidente ocorreu ao redor das 1.45 horas e, de inmediato, o 112 alertou ao 061-Urxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e ao GES de Padrón.

CAMIÓN. Ao redor desa hora, os bombeiros extinguiron as chamas declaradas nun camión que ardeu tamén na AP-9 en Padrón.

O lume declarouse na cabina do tráiler, que deixou esta parte do vehículo totalmente calcinada e afectou tamén a un remolque.