domingo. 05.04.2020 |
El tiempo
domingo. 05.04.2020
El tiempo

Tres feridos ao descarrilar un tren Feve no Barqueiro

A locomotora do tren que descarrilou. CEDIDA
A locomotora do tren que descarrilou. CEDIDA
Un desprendemento de terra provocou o accidente

Tres persoas resultaron feridas este mércores despois do descarrilamento do tren Feve da liña Ribadeo-Ferrol, no que viaxan sete pasaxeiros, á altura do Barqueiro (no municipio de Mañón).

A causa do accidente, que tivo lugar ás 21.00 horas, foi un pequeno desprendemento de terra que afectou á vía. O maquinista non puido frear a tempo e produciuse un primeiro impacto, ao que seguiu outro contra un alicerce dunha ponte.

trenA consecuencia do incidente, a interventora sufriu unha brecha na cabeza, e unha pasaxeira, unha escordadura. O maquinista do tren, tras ser liberado, empezou a sentirse mal, e foi trasladado ao hospital de Ferrol co que todo apunta a que era un simulacro de infarto. As dúas mulleres feridas foron trasladadas en ambulancia a Ortigueira, mentres que o resto de pasaxeiros continuou viaxe cara a Ferrol noutro tren que chegou desde Ortigueira.

No operativo interviñeron o Ges de Ortigueria, os bombeiros do parque comarcal de Viveiro e Protección Civil de Mañón. Cara ao lugar do accidente desprazouse tamén un equipo de strong <>Bombeiros do Eume, das Pontes, pero a súa actuación non foi necesaria, polo que a medio camiño regresou á súa base.

Como consecuencia deste descarrilamento, Renfe estableceu un plan alternativo de transporte por estrada desde Viveiro no tren de media distancia entre Oviedo e Ferrol.

Tres feridos ao descarrilar un tren Feve no Barqueiro